pazodefamilia.com
Unha historia de familia | Pazo de Familia
A familia Veiga representa á burguesía galega que xurdiu a mediados do século XIX e que combinou iniciativas industriais con outras máis tradicionais. Nas décadas seguintes, os Pardo, a través da súa compañía navieira (especializada en transporte de mercancías) e a importación/exportación, acabaron construíndo un imperio e converténdose nunha familia poderosa, admirada e envexada a partes iguais. Manténdose fieis as súas orixes, os orgullosos Veiga tamén posúen un xornal, co que dalgún xeito compensan as súas ambicións crematísticas e cumpren as inquedanzas literarias do primeiro gran patriarca, Emilio Veiga un insigne galeguista e fundador do xornal. Agora, a través de César seguen dominando con man de ferro a cidade. A súa adicción ao poder e a súa intención de mantelo, custe o que custe, non mermou coa idade. Pola contra, os seus peores defectos esaxeráronse. Na vida social da familia, seguen a ser a familia de referencia. Coma se fosen os Onassis galegos, son poderosos, temidos e