pazodefamilia.com
A historia | Pazo de Familia
Deixando atrás o pasado, Sara e Cosme chegan a un mundo novo, estraño e luxoso, buscando un lugar no que cicatrizar a súas feridas e poder seguir adiante. Ese lugar é a mansión do orgulloso matrimonio formado por César Pardo e Leonor Veiga, a familia máis poderosa, admirada e envexada da cidade. Salvando as distancias, a súa vida social é seguida con tanto interés como a dos Onassis ou incluso, os Grimaldi. Fagan o que fagan, nunca pasan desapercibidos e non é estraño velos aparecer no ‘Hola’. Aparentemente, Sara e Cosme chegan a un sólido universo que ten a súas propias regras e o seu propio equilibrio, pero unha vez dentro, non tardarán en comprobar que ese equilibrio é moi fráxil e que os Pardo Veiga son un xigante cos pés de barro. Sobre todo cando Emilio, o primoxénito, que nunca se someteu á vontade do seu pai e escolleu o seu propio camiño como comprometido xornalista, non só se namora de Sara, rebelándose contra unha inminente voda de conveniencia que asegura á familia un poder