pazodefamilia.com
A familia Pardo-Veiga xa prepara unha nova tempada de intrigas | Pazo de Familia
Hoxe remata a primeira temporada de Pazo de Familia co capítulo 15 e cunha serie de xiros de trama inesperados pero, non teredes que esperar moito para coñecer que lles acontecerá aos Pardo Veiga xa que, o próximo día 16 de marzo, a TVG emitirá un especial titulado “Pazo de Familia: a película”; un repaso ás historias vividas na casa dos Pardo-Veiga onde poderedes revivir as tramas máis relevantes da primeira temporada da serie. E a nova temporada comezará a emitirse o luns 23 de marzo ás 22.00h. Novos capítulos cheos de intriga nos que descubriremos o rumbo que tomarán as vidas das personaxes de Pazo de Familia.