zlick.net
Lugares | zlick
«Cada mirada escolle a súa paisaxe» —Mario BenedettiAs lembranzas son sempre borrrosas, imprecisas, evanescentes… Tal vez a fotografía sexa unha boa maneira de fixalos, de reter algún momento para poder contemplar, mirar…— Vari Caramés Ferrol (A Coruña), 1953Autodidacta. Aos nove anos trasládese a vivir a Coruña. Con quince anos o seu pai, artista amateur, regálalle unha cámara Voiglander totalmente manual que o fotografase os seus cadros, debuxos e pezas de ferro forxado.Máis tarde emprega a fotografía como «chuleta» nos seus estudos de Arquitectura Técnica, que xamais rematou. Nunca pretendeu vivir da fotografía pero agora non pode vivir sen ela. Interésalle acadar que o cotián e o ordinario resulte extraordinario.Procura evocar, suxerir e facer soñar ao espectador. Amante do intemporal e do indefinido. Aprende a acadar efectos nos defectos. Non lle interesan as modas e as tendencias. Emprega o B/N e a cor de xeito indistinto.Cre que no mundo de hoxe falta poesía e que a tecnoloxía non debería poderlle ás emocións. É máis intuitivo que intelectual e cre que o azar e máis emocionante que a certeza.