zlick.net
Catro Ventos | zlick
Catro ventos é a conxunción de dous traballos complementarios: A construción dun mapa/territorio, e Sistema Orográfico Galego. O primeiro —tendo en ocasións como referencia a carta de Domingo Fontán— pretende afondar na relación entre a construción dun mapa e a súa lectura, e entre a lectura e a vivencia do territorio representado. O segundo traballo é unha investigación visual que pretende representar paisaxes da orografía galega. Javier Fernández Pérez de Lis (Vigo, 1979). Os modos en que habitamos e as formas que lle damos as nosas paisaxes constitúen o núcleo do meu traballo. Especialista Universitario en fotografía e arte pola UPV (Valencia) e Graduado en Belas Artes na UVigo, uso a fotografía como centro destas investigacións. Algunhas das ultimas exposicións nas que participei inclúen Edentity, no Hotel María Kappel de Hoorn, Un recorido. Paisajes desde el arte actual., no Centro Cultural Galileo Galilei, así como nas mostras de premios e certames como Novos Valores ou o Premio do Auditorio de Galicia. Outono Fotográfico, ademáis de algunha mostra individual na Galería María Prego (Vigo) ou na Galería AKA, en Roma.