seisporoito.gal
Les Iluminations de Britten, pola RFG
Mojca Erdman, soprano Alabada pola crítica e amada polo público pola súa beleza de ton e impecábel mestría, a nova soprano Mojca Erdmann é unha estrela en aumento na escena musical internacional. Esta temporada Mojca interpretará o papel de Despina nunha nova produción de Cosi fan Tutte en Baden-Baden, onde regresará para interpretar Don Giovanni, debutará coa Ópera de Niza como Marzelline en Fidelio, interpretará A Frauta Máxica na Ópera de Colonia, Sor Angélica de Puccini en Colonia e Dortmund e o seu debut coa Bayerische Staatsoper de Múnic con O morcego de Strauss. Tamén ofrecerá concertos en Hamburgo, Valencia, Leipzig, Frankfurt, Luxemburgo e os festivais de St. Riquier e Bad Kissingen. Mojca Erdmann uniráse á Orquestra de Cámara Mahler na súa xira por Asia e concertos en Múnic e Colonia interpretando o Stabat Mater de Pergolesi. Tras o seu debut no Festival de Salzburgo en 2006 con Zaida de Mozart, foi convidada a regresar en 2007 interpretando Armida de Haydn. Esta produción foi repetida en 2009. En 2008 debutou con O rapto no Serrallo na Ópera de Ámsterdam. Simon Rattle convidouna a participar na súa produción do Sigfrido de Wagner en Aix e no Festival de Pascua de Salzburgo de 2009. O mesmo ano debutou con O cabaleiro da rosa de Strauss na Staatsoper de Stuttgart e apareceu nunha nova produción de O cazador furtivo de Weber. Os seus proxectos de futuro inclúen o seu debut na Metropolitan Ópera de Nova York nunha nova produción de Don Giovanni. Artista excepcionalmente versátil, é moi solicitada pola súa interpretación de música contemporánea. Debutou coa Ópera Estatal de Berlín na estrea mundial de Takemitsu – My way of life, dirixida por Kent Nagano. En 2009 interpretou Proserpina de Wolfgang Rihm, peza NA MDRE ACJ O M6 escrita especialmente para ela. A continuación Rihm confioulle a protagonista da súa nova ópera Dionisio, estreada no Festival de Salzburgo en 2010. Tamén estreou obras de Aribert Reimann. Mojca Erdman ten un amplo repertorio en concerto e traballa regularmente con directores como Simon Rattle, Nikolaus Harnoncourt, Ivor Bolton, Manfred Honeck, Kent Nagano, Fabio Luisi e Daniel Harding. Ten actuado coa Filharmónica de Berlín, a Orquestra Sinfónica Alemá de Berlín, a Sinfónica da Radio Bávara, a Sinfónica de Viena, a Orquestra de Cámara Mahler ou a Sinfónica da Radio Sueca; e nos principais escenarios coma o Musikverein de Viena, o Concertbourg de Amsterdam ou La Scala de Milán. Conta con numerosas gravacións, incluída unha aclamada versión da Sinfonía núm. 4 de Mahler coa Sinfónica de Bamberg e L’enfant et les sortilèges de Ravel coa Filharmónica de Berlín. En 2011 sairá ao mercado unha gravación de arias de Mozart coa Deustche Grammophon A Real Filharmonía ofrecerá un concerto xunto a Soprano Mojca Erdman.
seisuser0