modesto.gal
Pirómanos das redes sociais | Modesto.gal
Como xa case todo o mundo sabe, esta semana en Porto do Son sufrimos unha serie de incendios provocados, que no momento de escribir este artigo aínda non foran extinguidos por completo, e que afectaron a máis de mil hectáreas de monte. Ás perdas da biosfera, tanto vexetal como animal; á contaminación que fixo o aire irrespirable ao nivel de cidades como Beixín ou Madrid cando están cubertas pola 'boina' de smog; ao estrés causado ás persoas que viron como o lume ameazaba as súas casas, ou aos campistas que tiveron que ser desaloxados de dous cámpings cercados polas lapas; ao gasto que tivo que afrontar unha administración pública centrada nos recortes, no curtopracismo, e que, diante dunha situación imprevisible, se viu obrigada a gastar en efectivos de extinción de lumes moitos máis cartos dos que pretendía aforrar recortando en medidas de prevención, aínda que aproveitou para sacarse a foto de rigor... A todo isto témoslle que sumar as consecuencias doutro tipo de delincuentes, xa