cuacfm.org
Nee Barros e Carlos Mirás, gañadores do I Premio de Radioficción CUAC FM
CUAC FM convocou o seu I Premio de Radioficción para guións radiofónicos de ficción en galego a comezos deste ano para conmemorar o 17 de maio, Día Das Letras Galegas. Os gañadores recibirán unha cuantía económica e os seus guións serán producidos e locutados por membros de CUAC FM.