cuacfm.org
Monográfico sobre a Memoria Histórica en CUAC FM
Cuac FM retoma os seus monográficos para falar da memoria histórica, no 75 Aniversario dos comezos da Guerra Civil Española. Conducido por Manuel Castiñeira e Roberto Catoira, fíxose unha homenaxe en recordo dos represaliados por dita guerra. Estiveron acompañados por Rubén Afonso, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.