lindeiros.gal
Ordes, Frades e Mesía na procura dun novo obradoiro de emprego - Lindeiros
Con esta iniciativa dáselle continuidade á primeira edición deste obradoiro de emprego cuxa data de remate será o vindeiro 1 de agosto e que leva desenvolvéndose ao longo dos últimos 9 meses. Unha vez máis a actividade forestal será a temática central desta iniciativa formativo laboral da que formarán parte un total de 20 alumnos/as-traballadores/as e outras 5 persoas entre cadros de profesorado, administrativos/as e dirección. O prazo de inscrición farase público nos vindeiros meses.