lindeiros.gal
O Son do Camiño abre a segunda edición - Lindeiros
Este xoves comeza unha edición que parte con todo vendido polo que a esixencia é máxima. O Son do Camiño tentará este ano resolver os pequenos problemas do 2018 e converterse no festival de referencia que abre a tempada en todo o pais. Máis fontes de auga, mellores indicacións ou accesos máis adaptados son algunhas das tarefas pendentes. O Monte do Gozo recibiu ademais unha pequena remodelación ampliando as prazas ata as 33.000, a previsión é que para o 2020 a cifra aumente ata unha capacidade de 40.000 persoas.