lindeiros.gal
O Barça cae ante o Santiago Futsal e o Noia non puído co Mengíbar - Lindeiros
O Santiago Futsal recibiu este sábado na súa casa a un Barça Lassa B con 6 partidos consecutivos sen perder. A tarde comezou de maneira complicada para os locais tras recibir o primeiro gol en contra aos dous minutos. Un malentendido entre a defensa aproveitouno Khalid poñendo o partido costa arriba para os santiagueses. Xusto un minuto despois, Santiago conseguiu poñer o empate cun disparo desde o seu campo ao coller desprevido ao porteiro visitante