lindeiros.gal
O festival Rois Arrasa!!! céntrase nas agrupacións locais - Lindeiros
Rois Arrasa !!! naceu en 2015 co obxectivo de fomentar a música galega e converter a Rois nun lugar de referencia onde poder promocionar este xénero artístico. En esta nova edición aposta por dar “visibilidade ás agrupacións locais, de diferentes estilos, para poder atopar tamén neste espazo o seu protagonismo na difusión do seu bo traballo” nas palabras do alcalde Ramón Tojo e do concelleiro de cultura, Martín del Río, na presentación do festival no salón de plenos do concello.