arquitecturadegalicia.eu
Igrexa de San Francisco Xavier | AG
A igrexa de San Francisco Xavier destaca tanto polo edificio como polas esculturas que nela se encontran. O conxunto parroquial articúlase ao redor dun patio axardinado interior pechado pola vivenda do párroco, as salas de reunión e, como elementos formais de maior presencia, o campanario e a igrexa. A igrexa é obra do arquitecto Gerardo Calviño e presenta un deseño sobrio que fai de contrapunto perfecto para as esculturas que acolle no seu interior