arquitecturadegalicia.eu
Estadio Multiusos de San Lázaro | AG
O Estadio de San Lázaro, realizado por Andrés Fernandez-Albalat no ano 1993, é o maior estadio deportivo de Compostela. Está situado no barrio de San Lázaro, moi próximo á autopista AP-9. Este campo de fútbol ten un aforo para 13.000 espectadores sentados e o campo de xogo é un rectángulo de 107 x 68 metros. Conta tamén con pistas para atletismo.