antelasaude.com
Osteopatía
A osteopatía baséase nun coñecemento preciso da anatomía e fisioloxía do corpo humano. Identifica as disfuncións ou alteracións que provocan un desequilibrio da saúde e centra os seus estudos no concepto de unidade e interrelación entre todos os sistemas do corpo. A osteopatía considera o corpo como un todo que funciona de maneira global e non como estruturas illadas. O tratamento de osteopatía consiste nun conxunto de técnicas e prácticas orientadas a aliviar a dor, restaurar funcións e promover a saúde e benestar.