antelasaude.com
Articulación Temporomandibular
A articulación temporomandibular é unhas das máis complexas do organismo. Os seus trastornos afectan os músculos da mastigación, a propia articulación e as estruturas asociadas a esta, polo que causan normalmente dor e unha limitación da funcionalidade. A articulación temporomandibular ten unha relación directa a través de diferentes estruturas coa columna cervical, o que fai que a partir de agora falemos do complexo cránio-cérvico-mandibular en lugar da propia articulación, pois unha alteración nalgunha destas estruturas influirá nas outras dúas.