rotateq

Entroido 2012: disfraces DIY contra a crise

Se, coma min, es dos que lles sobra mes ao final do soldo, este ano o Entroido cádranos f-a-t-a-l. Tendo en conta que o Mércores de Cinza cae en día 22 e que, a estas alturas, o pouco que queda da nómina no banco (isto, para os que aínda temos a sorte de ter unha nómina no banco) é para leite e cueiros de emerxencia (e, no meu caso, para a RotaTeq, máis coñecida na familia como “o chute dos 70 leiros”), moitos de vós aínda estaredes pensando de que disfrazar ao pequeno ou á pequena sen necesidade de gastar un can e, se pode ser, cun mínimo esforzo de agulla.

Pois non vos preocupedes, que aquí estou eu para darvos unhas ideas Do It Yourself estupendas que non dan traballiño ningún e que saen ben baratas.

Para empezar, que vos parecería vestir á nena de algo tan rico e autóctono como é o polbo? En Mom Inc Daily ensínanvos como reciclar uns calcetíns longos e sacarlle partido á vella caixa dos botóns da avoa. Advertencia: este disfrace é pouco recomendable para vilas como O Carballiño ou Mugardos, así como eu tampouco disfrazaría á milla filla de porquiño en Lalín ou de ostra en Arcade.

Outro ben doado é o de forzudo de circo: unha camiseta de listas, un par de globos para as pesas, outros dous para os bíceps, un inxente bigote e xa temos cachimán. Ademais de gustarme moitísimo, este disfrace lémbrame unha frase que lle dixo a miña nai ao meu irmán hai xa tempo: Por que non te afeitas? Vouche ter que afeitar eu como aos nenos pequenos! (Vía Tip Junkie)

Unha idea ben apañada (vista en Mommy Savers) é o disfrace de Popeye. As mangas da camiseta van recheas de algodón; o resto é bastante evidente. Escoller o mariño pode resultar o momento ideal para introducir ao rapaz no difícil mundo das espinacas. (O estampado do sofá -que nin nos mellores tempos de Muebles Mendoza- e as cortinas da foto podemos obvialos se non queremos sufrir un desprendemento de retina.)

Para os amantes da ornitoloxía, este de bufo non está nada mal. Con tres ou catro pantalóns que lle roubedes ao avó, resolvedes. (Vía alphamom)

E, cun pouquiño máis de tempo e de ganas, este outro é espectacular… e máis quentiño. Ademais dos pantalóns do avó, necesitaredes un par de saias da tía. Seguro que Björk mataba por el, xa que conxuga á perfección ese punto peliqueiro que tanto lle gusta co momento palmípede. (De novo Mom Inc Daily)

Por último, o meu favorito, a foto que non podo deixar de mirar, a que me pide a berros darlle un irmán miope a Violeta para vestilo así todos os días da súa vida, é o disfrace de avó da película de Píxar, Up. Miles de grazas á Señorita Puri (acuda a caja 7) pola descuberta.

Por suposto, nós non disfrazamos a Violeta de ninguna destas cousas. Como xa dixen o outro día, teño unha sogra costureira á que, se lle pides un Totoro faiche o máis bonito do mundo.

Defective gene renders diarrhea vaccine ineffective

Acute diarrheal illnesses cause nearly one-fifth of all child deaths in developing countries. The most common cause is rotavirus. Improved sanitation and hygiene have had a limited effect on the spread of the illness. Today, vaccination is considered the most important method for reducing mortality. Unfortunately, several studies have shown that the two available living vaccines, Rotarix and RotaTeq, which are recommended by bodies including the World Health Organization, are not sufficiently effective in developing countries. In many African countries, protection has been as low as 20-50%.

The current study, to be published in the Journal of Clinical Infectious Diseases by Johan Nordgren from Professor Lennart Svensson’s research group, shows that up to four of ten children in Burkina Faso are genetically resistant to the virus strains found in the vaccines.

J. Nordgren, S. Sharma, F. Bucardo, W. Nasir, G. Gunayd n, D. Ouermi, L. W. Nitiema, S. Becker-Dreps, J. Simpore, L. Hammarstrom, G. Larson, L. Svensson. Both Lewis and Secretor Status Mediate Susceptibility to Rotavirus Infections in a Rotavirus Genotype Dependent Manner. Clinical Infectious Diseases, 2014; DOI: 10.1093/cid/ciu633