pudridero

Pudridero de Johnny Ryan. Perversións putrefactas a golpe de viñetas.

“¿Por qué Dios, el creador de todo lo que existe en el Universo, al dar existencia al ser humano, al sacarlo de la Nada, lo destinó a defecar? ¿Habría revelado Dios, al atribuirnos esa irrevocable función de transformar en heces todo lo que comemos, su incapacidad para crear un ser perfecto? ¿O sería esa su voluntad, hacernos así de toscos? ¿Ergo, la mierda?

Rubém Fonseca, “Secreciones, excreciones y desatinos”.

Pudridero, –Prision Pit no título orixinal- de Entrecomics Comics e Fulgencio Pimentel -2012-, é unha viaxe a un futuro dantesco onde flúen as viñetas nun caótico orde febril. Baixo unha proxección explícita de visceralidade e atmósfera insana, recrea unha estimulación visual opresiva underground en branco e negro. A subyagación narrativa –de dimensión vangardista/futurista- atrapa o lector nunha espiral turbadora de secreccións e outros fluídos corporais.

Jonny Ryan inaugura unha exposición sobre a identidade do primitivo e a supervivencia. O axuste de tonalidade imperceptible, superposta nunha perspectiva vertixinosa e ignota. Espandindo as secuencias en diferentes velocidades e alternando espazos de silenzo engulidos por negras néboas. A morbosidade enferma de Pudridero, adquire un movemento realista de forte desestructuración en estado viscoso. Fragmentos esceneficados de mutilacións, vómitos, ouriños, pus, seme e merda. O contido referencial e representativo desta novela gráfica é a paradoxa sen artificios do ser humán. Por dentro e por fora.

Capítulo  1, CHUNGO

Na opresiva negritude do universo unha nave espacial aterra nun postapocalíptico planeta prisión con cheiro a “lefa quemada”. No interior dous galácticos soldados, van a deixar a “carantigua”. Nun intento de fuxida acaban guardián e prisioneiro en terra inhóspita, onde seguen pelexando. O protagonista atópase cun noxento verme que está absorbendo a suduración das babas dunha árbore e mátao a pisóns.

Capítulo 2, HÍPER CHUNGO

Indícanlle o novo habitante a delimitación territorial. “Esta calle es mía” sinala Híper Chungo, un mastodonte mutante  cun bragueiro letal coa esvástica nazi.  Franqueado por Rabia, un demo vomitando continuamente e Rataculos, unha mestura entre E.T. o extraterrestre e unha uva pasa con xeneroso pene colgando. Híper Chungo recrimínalle a morte de Glotón, verme que tras dixerir as babas “la mierda que caga es una droga llamada fécido” e producen efectos eufóricos. Dille que ten que conseguir outro e empeza unha encarnizada loita entre Rabia e CarantiguaHíper Chungo explota un gran de pus que sae a propulsión en forma de coitela e ampútalle un brazo a Carantigua. Trala malleira, Chungo advírteo  de que ten que procurar traer un Glotón se quere recuperar o membro seccionado. 

Capítulo 3, GLOTÓN

Dende unha agreste montaña, Carantigua intenta ver a outro ansiado insecto galáctico e despéñase. No chan acércase un Glotón e recólleo. Vaino levar cando aparece un Ser que tras expulsar unha magna exaculación polo método onanista, transfórmase nun xigantesco monstro de seme. Tras pelexar e caer no chán, o Glotón incrústase no muñún sangrante de Carantigua  e unha acelerada transmutación fai que recupere a forza e agresividade para vencer o seu contrincante. “Puedo oírte dentro de mí”. Dalle de comer babas a Glotón e despois realiza unha felación o prisioneiro.

Capítulo 4, REVANCHA

A imperiosa necesidade de materia fecal, experimenta unha curiosa incursión nas primeiras e memorables viñetas radiactivas. A brutalidade  loita de Híper Chungo en estado de atómica expulsión merdenta, atravesando o corpo de Carantigua e a posterior metamorfose do Glotón apoderándose do seu corpo. A primeira cabeza decapitada de Chungo dando voltas no aire, cóllea unha pterodáctila e a come. Carantiga pelexa consego mesmo para recuperar o seu corpo.

Capítulo 5, PTERODÁCTILA

Nese instante é abducido por unha máquina espacial , onde un Ente de cabeza cónica e con escafandra inicia un “barrido mental. Reenfocando sistemas cerebrales, calibrando componente pollatrónico, mecanizando energías lefales e fusionando digiempalmada mental”. Misión: Violar á pterodáctila. Tras o transvasamento de fluídos corporais a prehistórica ave con torso de muller estoupa no ceo nacendo un pantagruélico enxendro ácido. Mentras Carantigua apodérase do seu corpo e cabeza, unha batalla decisiva decidirá o seu final.

Alfredo Pardo