lecer

Visitado algunha vez pola ledicia,
por navegantes de soños;
murchado de xenerosidades que antecederon a dicha…

Bríndolle a outro as migallas da miña paz interior.
Agasallo as miñas obstinadas ausencias e dos intres que debín…

Os meus recónditos desordes co amor e o amor mesmo
e os meus trasgos favoritos, palpitando ilesos nun comezo…

Os pracer do longo andar que non remata
e o agasallo do misterioso destino do lecer
e odiado apaixonamento da nada…

Na escuridade reflexou a auga,
que a miña nai xuntou en cada orballo,
para debuxar coas miñas cores a túa alma…

Non é país para novos

Os centros comerciais son os non-lugares por excelencia; ou sexa, lugares tan comúns que carecen de calquera significado ou identidade: as escaleiras mecánicas, os estacionamentos soterrados, os corredores inabarcables, os baños hiperhixienizados, as “terrazas” das franquicias de non-comida. Neses espazos, mesmo a xente está constituida momentaneamente por non-persoas; cyborgs vestidos de sweatshop bengalí, que flotamos no magma do hiperconsumo galáctico. (y dónde vas a llevar a los niños cuándo llueve?).

Os multiplex tampouco son cines senón dark rooms onde teñen lugar as orxías audiovisuais organizadas pola industria do lecer.

-Podíamos ir a ver esa (jijijiji).

-É q é esa a q imos ver!!!

-Ahhhh si??? No íbamos a ver la de Tarantino??

-Non, díxenche “a última de So-rren-ti-no”.

-Y ese quién es?

-Bueno, dá igual, para a de Tarantino xa non chegamos a tempo e ademais son 3 horas de diálogos sen parar. Non che ía gustar.

-No?????

-Non, no imbd a xente dáballe ou un 1 ou un 10.

-Donde??

-No imbd, o do cine en internet!! Internémuvibeisdata.

-Ahh no sé, pero a mí me da igual. Si quieres vamos a ésta. Pero me tienes que pasar la página esa …

-As críticas están en inglés.

-Joder, tío, que tengo hasta 2º de intermedio! Y tengo que practicar!

…..

Unha voz robótica (o taquilleiro como o non-familiar preso n´A Lama, o día de visita)

-Hola buenas tardes!

-Olá, queríamos dúas para a sete.

-Fila?

-Non sei, onde mellor se mire. (Miradas albiscadoras dos q esperan na mampara do lado).

-Fila 5, asientos 6 y 7.

-Vale.

-16,40, por favor.

-Hola, buenas tardes. Los tickets, por favor? Muy bien. Sala 7, ¿desean algo más?

-¿¿¿???? EEEehh, ummm … non, en principio, non.

-Ay, perdón, jijijiji, es que aún tengo el chip del mostrador de las palomitas!! Perdón, perdón. JO-DER.

-Espera que voy a coger un agua en la máquina.

-A ver, ho, apura!!!.

-Joder, tío, comí cocido en casa de mi madre y me muero de sed!! … HOSTIÁ!  2,20!!!! Que le den por culo al agua!!!

….

Apenas nos instalamos na fila 5, decátome que algo vai mal. Hai moita xente. Moita xente … maior. Moitos vellos, bah!. Bastante máis vellos ca nós (que estamos a agardar pola cincuentena)… Oh no! … Van ver unha de Danny DeVito e Jack Nicholson!!!!

-Joder, qué cerca estamos!!. Me va a doler la cabeza. Qué coño entiende ese tipo por ver bien???

-Agora xa está. E apaga o móbil, ho!

-Tranquiiiiiiiilo, ya lo silencio ahora. Cuando empiece, nos cambiamos para atrás.

-Pufffffff

-Y la peli ésta de qué va?

-Ehhhhh, … bueno… cala xa! … xa o verás!!

Dende o principio, a beleza demasiado explícita dos filmes de Sorrentino. A técnica cinematográfica atrapa-mosquitos. O collage sinfónico (a taquicardia cando recoñezo os acordes unha dos Godspeedyou! Black Emperor). A retranca demoledora. O neo-realismo máxico. O cine dentro do cine. A mundialización. A decadencia. A mocidade.

-No, no hace falta que te muevas, cariño; ya nos quedamos aquí.

-Díxenche que ía vir xente!!

-No pasa nada, joder, hay asientos de sobra. Ponme el bolso para ahí.

Van chegando máis vellas que buscan a súa butaca no medio da escuridade (”merda!, seguro que veñen paquí”). Non é un pase habitual. Como cando vou coas miñas sobriñas, a platea comenta de seguido o que ocorre na pantalla; a señora á nosa beira fai as veces dun Inda con sobrepeso (”mira, la próstata, como tú!”, “desde cuándo en un balneario te puedes bañar desnuda??” Y para qué se tapa sólo una teta?? Estos viejos son más verdes que yo que sé! Qué paisajes más bonitos tiene Suiza, verdá!! Esas montañas!!, Ay, ay, ay, que se va a tirar por el balcón!!!!! Mira Jane Fonda!! Qué va a estar guapa! Está arrugada como una uva pasa!!).

100 minutos de continuo balbordo, o ruido intermitente do móbil silenciado da miña acompañante (déjalo, deben ser los del bla bla car), os risos extemporáneos de todo o mundo en calquera momento e os tusidos estentóreos e enfisémicos dun señor da fila de atrás.

Os títulos de crédito van aparecendo mentres se desenvolve a sensibloide escea final. A señora quere marchar xa:

-Por qué coño no encienden las luces??? Vaaaamos!!! Y mira que la gente es maleducada, eh!! Se pasan toda la película rosmando!!! La película era muy lenta, no??? 

Agocho a cabeza dentro do anorak para facer enmudecer as gargalladas. E o odio.

-Estuvo bien pero no entendí muchas cosas. Por cierto, no sé dónde coño dejé el coche en el parking! A ver cómo carallo lo encuentro.

10

Andaina por Oleiros (A Coruña), cos nosos amigos e os nosos pequrerrechos I (Outubro 2014)

Fin de semana en casa de Susana e Alejandro, e a verdade como se estivesemos na nosa. Sábado chuvioso aproveitando para charlar e polo serán aproveitando o cese da choiva de andaina polo sendeiro do Castelo de Santa Cruz. O domingo cun día espectacular nos fomos pola zona protexida de Dexo-Serantes, disfrutando de grandes paisaxes, escarpados cantís e un gran dique de cuarzo….fantástico!

Ligazón: http://www.ceida.org/costadexo/index.php

10

Andaina pola Xunqueira do Alba I (Setembro 2014)

Pequena saída pola Xunqueira do Alba, situadas ao carón do río Lérez. Pague a pena sairse da cidade do Lérez, para percorrer os sendeiros que podes atopar ao seu arredor, sobre todo pola ribeira do río. Tamén hai unha zona específica e vallada para ter os cans soltos.

O que máis me entusiasma é a tranquilidade que se respira.

10

Priscila peregrinando en Semana Santa_1

Durante tres días, disfrutamos esta Semana Santa, no Camping de A Vouga en Louro (Muros), da nosa cadeliña Xoa, e de estar en contacto ca natureza preto da praia, nunha zona marabillosa.

youtube

Marabilloso espectáculo visual o de Alburquerque, algún día acrcareime ata alí.