jutias

Jutías

Logo da nosa viaxe a Cuba; e polo tanto logo de un periodo de inactividade por estes lares de dúas semanas, inicio con esta imaxe unha serie de fotografías centradas na illa. Foi sobre todo unha viaxe de sensacións e de contrastes. Espero que as imaxes reflictan polo menos unha parte do vivido; con tal cousa daríame por satisfeito.

Esta está tomada en Cayo Jutías, na costa noroeste de Cuba, a unha hora e media do pobo de Viñales. A pesares da existencia de infraestructura para chegares á illa (unida agora a terra por un pedraplén do que os ecoloxistas poderían dicir máis de dúas palabras), esta atópase en moi malas condicións. Apartándose un pouco da zona turística teremos a oportunidade de ver este mar turquesa contrastado có mangle seco e case branco que se atopa á beira do mar.